luns, 5 de decembro de 2016

Sempre en Galiza

Entre moitas outras, este curso teremos algunha actividade relacionada coa música.
Sirva isto para ir quentando motores e tamén como homenaxe ao falecido Fran Pérez, Narf.


Comezando


 E comeza un novo ciclo, un novo curso...

Benvida aos novos e novas!
Feliz reencontro aos que continuades!
Boa viaxe a tod@s!!!!!

Ítaca


  
Cando comeces a túa viaxe a Ítaca 
pide que o camiño sexa longo, 
pleno de aventuras, pleno de experiencias. 
Aos Lestrigóns e aos Cíclopes, 
ao irado Poseidón non temas: 
nunca atoparás criaturas tales na túa ruta 
se mantés o pensamento elevado, se unha 
selecta emoción o teu corpo e espírito ilumina. 
Aos Lestrigóns e aos Cíclopes, 
ao feroz Poseidón non acharás. 
Non, se non é a túa alma a que os alberga; 
non, se non é ela a que chos mostra. 
  
Pide que o camiño sexa longo. 
Que sexan moitas as mañás de estío 
que –con que pracer e ledicia!- 
te conduzan a portos nunca vistos; 
detente ante os mercados fenicios 
e adquire as mellores mercancías, 
madreperlas, corais, ámbar e ébano, 
e toda sorte de perfumes sensuais, 
tanta variedade deles como atopes; 
vai a moitas cidades de Exipto 
e aprende canto poidas dos seus sabios. 
  
E leva sempre Ítaca na túa mente. 
ela é a túa meta, o teu destino. 
Mais non apresures nunca a túa viaxe. 
É mellor que dure moitos anos 
e recales na illa sendo vello, 
rico de canto acadaches no camiño, 
sen agardar que Ítaca te enriqueza. 
  
Ítaca xa che deu tan fermosa viaxe. 
Sen ela, nunca emprenderías o camiño. 
Que máis pode ofrecerche? 
E se a atopas pobre, non é que Ítaca te enganase. 
Sabio como serás e con tanta experiencia 
ben comprenderás o significado das Ítacas.
KAVAFIS, Konstantinos. Poemas canónicos, Ed. Rinoceronte 


luns, 20 de xuño de 2016

I CONCURSO DE ADHESIVOS "ORGHULLOSOS/AS DA NOSA FALA"

O xurado do I Concurso de adhesivos "Orghullosos/as da nosa linghua" decidiu premiar os traballos das seguintes alumnas:

-1º premio: Carolina Pasantes Castro (1º ESO A).
-2º premio: Yanira Barcia Alonso (1º ESO A).
-3º premio: Amara Suárez Lema (4º ESO PDC B).

PARABÉNS ÁS GAÑADORAS!

CONCURSO "A SEMANA QUE ANDAMOS"

Mireia Tedín Allones (3º ESO A) foi a gañadora do concurso "A semana que andamos" do mes de maio. Paula Méndez Carracedo (3º ESO A) entregoulle o premio.
MOITOS PARABÉNS!

mércores, 8 de xuño de 2016

CONCURSO "A SEMANA QUE ANDAMOS"



Paula Méndez Carracedo (3º ESO A) foi a gañadora do concurso "A semana que andamos" do mes de abril. Mireia Tedín (3º ESO A) entregoulle o premio.
MOITOS PARABÉNS!

domingo, 29 de maio de 2016

I CONCURSO DE ADHESIVOS "ORGHULLOSOS/AS DA NOSA FALA"

I CONCURSO DE ADHESIVOS
ORGHULLOSOS/AS DA NOSA FALA”

FACHENDEAMOS DE LINGHUA!



BASES
1.-Creación dun lema que defenda a dignidade da nosa fala. Deberá conter trazos propios da variedade dialectal dos concellos de Camariñas e Vimianzo: seseo, gheada...
2.-O lema debe ir acompañado dun debuxo que faga alusión ao contido.
3.-O alumnado deberá presentar os seus traballos nun folio DIN A4 en formato vertical. Por atrás deberá pór o nome, os apelidos e o grupo.
3.-A técnica e o estilo serán libres.
4.-Os traballos deberán ser entregados antes do 6 de xuño ás profesoras de lingua galega.
5.-Premiaranse a creatividade, a orixinalidade e a sensibilidade lingüística.
6.- O xurado, composto por representantes do alumnado, o profesorado e o persoal non docente, escollerá os dous mellores traballos. No caso de que haxa máis obras que destaquen pola súa calidade, valoraríase a posibilidade de dar máis premios.
7.-Cos traballos premiados elaboraranse adhesivos que logo serán repartidos polo EDLG entre todos os membros da comunidade educativa.


ANÍMATE E PARTICIPA!!!

xoves, 21 de abril de 2016

CONCURSO "A SEMANA QUE ANDAMOS"



Nerea Santos Castro (1º ESO A) foi a gañadora do concurso "A semana que andamos" dos meses de febreiro e marzo. Nuria Martínez (1º ESO B) entregoulle o premio.
MOITOS PARABÉNS!

domingo, 6 de marzo de 2016

CONSELLOS

Un catálogo de consellos e pautas para que o noso alumnado afronte con máis garantías esta recta final de exames. Ánimo, rapaces e rapazas! Autoría: Pilar Ponte Patiño.

Posted by Cgendl Coordinadora Galega Endl on Venres, 4 de Marzo de 2016

domingo, 28 de febreiro de 2016

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL

Esta semana comezamos o intercambio lingüístico-cultural co IES Virgen de la Encina de Ponferrada (León). Coñeceremos alumnos/as deste centro que estudan en galego a materia de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia ou cursan a optativa Lingua e Cultura Galegas. O primeiro contacto será a través de cartas.
Agardamos que sexa unha experiencia proveitosa e aprendamos todos/as moito!

mércores, 24 de febreiro de 2016

FLORES E POESÍA NO DÍA DE ROSALÍA

Hoxe no segundo recreo fixémoslle unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro. Celebramos que se fan 179 anos do seu nacemento co reparto das flores artesanais que elaboramos nos recreos estas últimas semanas e cunha lectura de poemas de Cantares gallegos e Follas novas. Participaron na lectura de poemas:
-1º ESO A: Lucas Carril e María Lema.
-1º ESO B: Helena Ameijeiras, Marta Antelo, Nuria Martínez, Laura Paredes, Saray Romar, Mario Suárez e Nicolás Tajes.
-3º ESO A: Mónica Mouzo.
-3º ESO B: Iago Mouzo, Beatriz Pérez, Andrea Tedín e Sofía Triñanes.
-4º ESO A: Mabel Baña.
-4º ESO B: Leticia Sánchez e Tania Suárez. MOITAS GRAZAS A TOD@S!

sábado, 20 de febreiro de 2016

O CORREO DO AMOR

Grazas ás alumnas que o pasado venres 19 de febreiro se encargaron de repartir as cartas con poemas da caixa do correo do amor.

FLORES E POESÍA

O Departamento de Lingua Galega e o EDLG van celebrar o vindeiro 24 de febreiro o Día de Rosalía coa actividade "Flores e poesía".
Moitas grazas ao alumnado que está a colaborar na elaboración das flores durante os recreos! Precisamos máis axuda!!! Animádevos e vide botar unha man!

ENTREGA DO PREMIO DO CONCURSO "A SEMANA QUE ANDAMOS"

O martes 16 de febreiro Paula Méndez Carracedo (3º ESO A), membro do EDLG, entregoulle a Andrea Tedín Bermúdez (3º ESO B) o premio do concurso "A semana que andamos" do mes de xaneiro. PARABÉNS A ANDREA TEDÍN! ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE NO CONCURSO!

luns, 1 de febreiro de 2016

2016: ANO DAS IRMANDADES DA FALA

A Deputación da Coruña aprobou onte a declaración do 2016 como Ano das Irmandades da Fala.

Posted by Cgendl Coordinadora Galega Endl on Sábado, 30 de Xaneiro de 2016

sábado, 16 de xaneiro de 2016

DIGALEGO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de presentar o dicionario Digalego da editorial Ir Indo. Esta publicación online conta con máis de 65.000 entradas e achega, entre outros contidos, a etimoloxía dos termos, a tradución a sete idiomas destes, un glosario de sinónimos e antónimos e a conxugación de todos os verbos incluídos.

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CELGA

Probas para a obtención dos certificados Celga de lingua galega no ano 2016. Convocatoria no DOG do 7/1/16: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160107/AnuncioG0164-291215-0009_gl.html

Posted by Coordinadora Traballadores-as Normalización Lingua on Xoves, 7 de Xaneiro de 2016

martes, 5 de xaneiro de 2016

55 ANOS DA PUBLICACIÓN DA PRIMEIRA EDICIÓN DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Hai 55 anos (o 5 de xaneiro de 1961) vían a luz en Buenos Aires as Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas Fundación Xosé Neira Vilas

Posted by Falamos de Libros on Martes, 5 de Xaneiro de 2016

luns, 4 de xaneiro de 2016

A RIQUEZA LÉXICA DA NOSA LINGUA

Un estudo de Santiago sinalou máis de 100 vocábulos denominar a chuvia en lingua galega.

Posted by Twitter en galego on Luns, 4 de Xaneiro de 2016