domingo, 28 de febreiro de 2016

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL

Esta semana comezamos o intercambio lingüístico-cultural co IES Virgen de la Encina de Ponferrada (León). Coñeceremos alumnos/as deste centro que estudan en galego a materia de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia ou cursan a optativa Lingua e Cultura Galegas. O primeiro contacto será a través de cartas.
Agardamos que sexa unha experiencia proveitosa e aprendamos todos/as moito!

mércores, 24 de febreiro de 2016

FLORES E POESÍA NO DÍA DE ROSALÍA

Hoxe no segundo recreo fixémoslle unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro. Celebramos que se fan 179 anos do seu nacemento co reparto das flores artesanais que elaboramos nos recreos estas últimas semanas e cunha lectura de poemas de Cantares gallegos e Follas novas. Participaron na lectura de poemas:
-1º ESO A: Lucas Carril e María Lema.
-1º ESO B: Helena Ameijeiras, Marta Antelo, Nuria Martínez, Laura Paredes, Saray Romar, Mario Suárez e Nicolás Tajes.
-3º ESO A: Mónica Mouzo.
-3º ESO B: Iago Mouzo, Beatriz Pérez, Andrea Tedín e Sofía Triñanes.
-4º ESO A: Mabel Baña.
-4º ESO B: Leticia Sánchez e Tania Suárez. MOITAS GRAZAS A TOD@S!

sábado, 20 de febreiro de 2016

O CORREO DO AMOR

Grazas ás alumnas que o pasado venres 19 de febreiro se encargaron de repartir as cartas con poemas da caixa do correo do amor.

FLORES E POESÍA

O Departamento de Lingua Galega e o EDLG van celebrar o vindeiro 24 de febreiro o Día de Rosalía coa actividade "Flores e poesía".
Moitas grazas ao alumnado que está a colaborar na elaboración das flores durante os recreos! Precisamos máis axuda!!! Animádevos e vide botar unha man!

ENTREGA DO PREMIO DO CONCURSO "A SEMANA QUE ANDAMOS"

O martes 16 de febreiro Paula Méndez Carracedo (3º ESO A), membro do EDLG, entregoulle a Andrea Tedín Bermúdez (3º ESO B) o premio do concurso "A semana que andamos" do mes de xaneiro. PARABÉNS A ANDREA TEDÍN! ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE NO CONCURSO!

luns, 1 de febreiro de 2016

2016: ANO DAS IRMANDADES DA FALA

A Deputación da Coruña aprobou onte a declaración do 2016 como Ano das Irmandades da Fala.

Posted by Cgendl Coordinadora Galega Endl on Sábado, 30 de Xaneiro de 2016