xoves, 23 de febreiro de 2017

GAÑADORAS E ENTREGA DE PREMIOS

E as gañadoras do concurso de fotografía "Amor e Lingua a flor de pel" son:

- Primeiro premio: Ángela Estévez Novegil (1º A)

- Accésit: Daniela Antelo Pérez (1ºB)


Ángela Estévez



Daniela Antelo

Con Raúl e Carla, quen tiveron a honra de lle entregar os agasallos que, a xulgar polas súas caras, pareceron gustarlles, non?

MOITOS PARABÉNS PARA AS DÚAS E TAMÉN PARA CADA UN E CADA UNHA D@S PARTICIPANTES!!!!!

luns, 20 de febreiro de 2017

Quico Cadaval fálanos sobre a lingua e a súa expresividade. O vídeo foi feito para Regueifesta, un proxecto que "ten como obxectivo a creación dun proceso innovador de participación da Comunidade Escolar no coñecemento, valoración e práctica da regueifa como impulso de normalización lingüística".
Sempre é un gusto escoitar a Quico!
 

luns, 6 de febreiro de 2017

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: 
“AMOR E LINGUA A FLOR DE PEL” 

O ENDL Pedra da Aguia convoca un concurso de fotografías con tatuaxes que teñan como temática o amor e empreguen a lingua galega.


BASES: 
 - Envía ao correo ednlpedradaaguia@gmail.com unha ou máis fotos dunha tatuaxe con algún texto referente ao amor escrito en galego.
 - No correo debe constar o nome completo e curso da persoa que o envía. 
 - A foto ten que ser orixinal e debe coidar tanto a imaxe como a corrección lingüística. 
 - As fotos serán expostas no centro. 
 - O prémio recibirao a persoa que se responsabilice do envío da foto. 
 - Prazo: Do 2 de febreiro ata o 14 de febreiro de 2017. 
 - Unha vez recollidas todas as fotografías, procederase á valoración e decidirase cal é a gañadora. 
 - Con posterioridade anunciarase no taboleiro e no blog o gañador ou gañadora e a data de entrega do premio/s. 

Podes comunicarnos a túa intención de participar para recibir información sobre como realizar tatuaxes temporais dun xeito doado. 


Anímate e participa!! 

A idea foi tomada do ENDL do IES Marco do Camballón en Vila de Cruces. Podes ver o seu traballo no blogue Tattoos da Galiza . Podedes botarlle unha ollada na rede. A imaxe foi tomada de: https://thumbs.dreamstime.com/z/pjaro-que-canta-una-cancin-del-corazn-del-amor-51900016.jpg

venres, 3 de febreiro de 2017

Durante o primeiro trimestre non perdemos o tempo: Samaín, Magosto, Haikus contra a violencia de xénero...
A seguir unha pequena reportaxe fotográfica.




Reportaxe fotográfica by Slidely Slideshow


Desde a Biblioteca do insti agasállannos con esta escolma que recolle os haikus presentados polo alumnado contra a violencia de xénero. Pincha aquí para vela.


Os gañadores e gañadoras do concurso de Haikus contra aviolencia de xénero foron:
Manuel Valiña Pérez (1ºA)
Cristina Ageitos Castro (1ºB)
Oumaima El Moussaoui (2ºB)

PARABÉNS!!!