sábado, 27 de maio de 2017

VOTACIÓN "LETRAS CON MÚSICA"

Feita a votación por parte do alumnado, aquí o resultado das cancións máis votadas: 








Mencionar que a diferenza entre os catro primeiros foi só dun voto e que todos os vídeos elexidos levaron algún.
Agora só queda entregarlle á ganadora o seu premio e sortear entre os participantes os agasallos. Iremos informando...

PARABÉNS A TODOS E TODAS, MOI ESPECIALMENTE A MJ!!!









mércores, 17 de maio de 2017

CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS!

Preciosas fotos homenaxeando a Casares e reivindicando a lingua cun photocall!
A que saimos to@s fermosísim@s?







Dinamizacion Lingua de Slidely by Slidely Slideshow

luns, 15 de maio de 2017

Letras con Música (día 10)

Rematamos coa actividade de Letras con Música e queremos facelo cunha homenaxe a Carlos Casares, autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas 2017.
A pesares de que a súa obra é eminentemente narrativa tampouco esqueceu o eido da poesía. Vai ser Gelria quen lle poña música ao poema "Amemos":


Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.
Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite seña un recendo podrecido
das frores que chantamos pra salvarnos.
Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
e ás tardes fermosas que se acaban.
Amemos
inda que a espranza turre cara abaixo
a vencellarnos sempre contra nuncas
de campos sen aire e corazóns parados.

Mañá, 17 de maio, faremos o reconto dos comentarios para pasar á segunda fase da actividade: A votación que terá lugar no recreo do venres 19. Moitas grazas aos participantes!
Sabemos que quedou fóra moita música, moitos/as autores e grupos, mais agardamos que isto sirva para incentivar a vosa curiosidade e continuedes coñecendo e gozando da música en galego. Temos a esgalla! 
Tamén lembrarvos que hoxe no recreo podedes acercarvos ao photocall que temos preparado e facer un retrato, grupal ou individual, como queirades. Vai ser o noso xeito de celebras as Letras, aínda que como sabedes algo máis estamos argallando para o día 30. Grazas!

domingo, 14 de maio de 2017

Letras con Música (día 9)

E xa case rematando, hoxe propomos un blues, da man de Blues do País. Recoñecédelo?A súa canción leva por título Arraianos, do último disco "Ruta 120".
 Sirva tamén como homenaxe ao país veciño e irmán, que vén de gañar Eurovisión cunha fermosa canción de Salvador Sobral, na "nosa" lingua común! Parabéns!
Agardamos que vos guste.

Letra:

Hai un lugar nesta terra que non é deste mundo. É bidemensional Haino seco e haino húmido. Din que divide ters países. Eu nunca lle vin facelo. Se aínda non sabes de que falo é que te raias demasiado. Mmmm mmm As fronteiras nunca marcaron o espírito arraiano Mmmm mmm Vinho verde e licor café e unha aperta no Xurés Que sería de nós sen o camiño que ven da montaña. Alí agardabannos irmáns ao vir a morte dende a España. E a vida veu de contrabando das mans dos pobres arraianos. A cultura de contrabando, as taberneiras de bando a bando. Mmmm mmm O mesmo che canto unha jota como un fado Gústame o polbo e tamén o bacalado Eu son da Raia Seca así que algo che teño de poeta Nós bañámonos nas termas Bronceámonos na serra Por picadeiros temos castros e as festas veñen de catro en catro Mmmm mmm As fronteiras nunca marcaron o espírito arraiano Mmmm mmm Vinho verde e licor café e unha aperta no Xurés As carqueixas do planalto tíranlle das bágoas a máis de catro que agarraron un día a maleta para ir facer as Américas. Seica a estatua da liberdade quedóuselles ben pequena comparada coa dignidade das súas fermosas cachenas. Mmmm mmm As fronteiras nunca marcaron o espírito arraiano Mmmm mmm Vinho verde e licor café e unha aperta no Xurés No Couto Misto non había Corte Inglés Dicho unha diva : estábase mellor sen el. Dixo a Moura que baixo a terra había un tesouro Baixo estas mámoas hai un peito de ouro. Mmmm mmm As fronteiras nunca marcaron o espírito arraiano Mmmm mmm Vinho verde e licor café e unha aperta no Xurés

xoves, 11 de maio de 2017

Letras con música (día 8)

Despedimos a semana cunha canción de amor, interpretada por Caxade e escrita por Sechu Sende.
Pop-folk con arrecendo a outras músicas.
Do seu último disco "E isto é o amor", a canción homónima.

Da tua mão direita 
á minha mao esquerda 
tendemos um tendal de roupa 
de todas as cores entre nós 
e isto é o amor 

Erguemos os braços 
e com a roupa ao vento 
vamos caminhar 
secar a roupa ao sol 

e isto é o amor 

Entre fábricas baleiras 
dentes de león 
e prados com bubelas 
asubiamos esta cançom 
e isto é o amor 

E no tendal levamos calcetíns, 
camisolas e cuecas violetas 
e o teu sostém 
e a minha camisa negra 
e isto é o amor 

E a gente olha para nós 
e pensa que é um sonho 
e pensa: Isto é amor 
e isto é o amor 
Letra: Séchu Sende

credits


mércores, 10 de maio de 2017

Letras con Música (día 7)

Imos hoxe con Mónica de Nut, voz e posta en escea potente. Conta con dous discos, bastante diferentes por certo. O último chámase " Raíces aéreas ", do 2016.
Tamén son moitas as súas colaboracións, como a que imos escoitar aquí, do disco "Cantigas de mulleres", unha colección de 17 fermosas cancións interpretadas por grandes artistas da escena musical galega. A escollida foi Por que non hei de cantare, tradición e experimentación!



martes, 9 de maio de 2017

Letras con Música (día 6)

Coñecedes a Serj? Pois é de moi perto, de Vimianzo e, aínda que de momento só ten un disco, "Velaivén", dixéronme que xa ía a polo segundo.

Traemos ao blogue o tema Bailar na herba, gravado en directo e agardando que vos guste!




Pois parece que andamos todos e todas a coñecer música nova, neste caso a través de MJ Pérez. Agradecida@s pois!

Participa no noso concurso en Twitter e axúdanos a #quesevexaogalego!


Por se vos animades a participar nesta enxeñosa campaña que nos propoñen desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua

Para contribuír a visibilizar e, ao mesmo tempo, reivindicar o uso do galego en todos os ámbitos, convocamos este concurso a través de Twitter. Este ano con tres premios!
Mira aquí as bases...



Veña, anímate a facer Que se vexa! O galego ;-)

E ti, atréveste?


Da campaña "Cárgate de sentido común".

luns, 8 de maio de 2017

Letras con Música (día 5)

Hoxe martes imos coñecer a MJ Pérez, compositora á que teño un especial agarimo, pois foi alumna miña!
Procede do mundo audiovisual e xa leva uns cantos discos. A canción que traio aquí é do último, sabedes como se chama?
A canción, A peza solta.
Gozade con esta magnífica voz e a ver que vos parece.


lembrade que en todas as entradas, se premedes ou clicades no nome, podedes obter máis información dos grupos ou solistas.
E non esquezades comentar!

Letras con Música (día 4)

Alá foi a fin de semana! Escoitastes música en galego?
Imos continuar con ánimo de festa, así que traemos aquí a música de  Melandrómeda: Bótalle caldo.


 Prolíficos e rapeiros, aínda que hoxe elexín unha cumbia do último disco.
A discografía podedes escoitala na súa páxina, premendo arriba no nome.
Que vos parece?

xoves, 4 de maio de 2017

Letras con Música (día 3)

Para pechar a semana escoitamos a Sokram , unha das voces de peso en Dios Ke Te Crew.
Do seu disco en solitario, Chuvia ácida, traemos aquí "Fotosíntese".


Boa fin de semana!!! 

mércores, 3 de maio de 2017

Letras con Música ( día 2)

Pois hoxe imos escoitar A paz esquiva, do último e cuarto disco de Sés. Sabes como se chama o disco?

Tamén temos a letra:
Vivo procurando un verso para encarcerar todo este sentir que desgarra e a rosas que fan que aínda poida soportar

a carne viva E até no máis alto monte respirar e gardar os ollos das savias Vivo procurando un verso para encarcerar a paz esquiva Vivo procurando un verso para encarcerar un cansancio que me desgasta e o tedio que chega para recordar que a vida pesa Pasa e pesa a vida e a historia por narrar que me reconcilia cunha raza ausente que hai que recuperar, está vendida E que fuxa o medo a pensar e que amar non se encerre en ocos e lanzas. E que os terrroristas sexan como debe ser os que consideran un gran crime diverxer Vivo procurando un verso para encarcerar todo este sentir que desgarra e a rosas que fan que aínda poida soportar a carne viva

martes, 2 de maio de 2017

Letras con música

Comezamos cunha canción de Xoán Curiel ( se picas no nome accederás á súa páxina, na que hai un montón de información).
A canción chámase Ecuacións e pertence ao disco co mesmo nome.



A seguir incorporamos a letra que nos envía o autor, grazas Xoán!
Seguro así poderemos gozala aínda máis se cadra.
Aí a vai:

HAI MAIS RAZÓNS PARA PARTIR
QUE PARA QUEDAR, CANDO O OUTONO VEN

AS BAGULLAS SUMIRÁN
COMO BAIXAMAR, CANDO SAIA O TREN
DESARRÍMASTE DE MIN, E EU CHANTADO NESTE ANDÉN

AS FORMIGAS DO TEU RIR
SEGUEN A BULIR, BAIXO A MIÑA PEL AÍNDA A ME POSUÍR, A ME DESEXAR, COMO SE EU FOSE MEL
ESVAECE TODA A DOR
COMO O AIRE DO TEU FOL

É TEMPO DE NAVEGAR
E DE DESATAR OS NÓS DO CORAZÓN TEMPO DE NOS DESPEDIR
E REFORMULAR CADA ECUACIÓN

AS FORMIGUIÑAS DO TEU RIR SEGUEN A BULIR, BAIXO A MIÑA PEL AÍNDA A ME POSUÍR, A ME DESEXAR, COMO SE EU FOSE MEL
E A
FUMAÇADA CANCIÓN
QUE NOS QUEDA DO QUE FOI?

É TEMPO DE NAVEGAR
E DE DESATAR OS NÓS DO CORAZÓN TEMPO DE NOS DESPEDIR
E REFORMULAR CADA ECUACIÓN 

LETRAS CON MÚSICA

Xa estamos en maio, o mes das Letras Galegas, que pronto pasa o tempo!
Imos comezar cunha actividade ben suxerente: Letras con Música.
Si, imos coñecer un pouco da música que se fai en galego. Cantas bandas ou solistas coñecedes?
Durante dez días iremos subindo vídeos de cancións ao blogue. Seguro que han quedar fóra moitos músicos ( hai moito que escoitar e moi bo), mais temos que elexir e, entre o que coñecemos, tentaremos variar os estilos para que haxa para todos os gustos.
Como podesdes participar?
- Comentando os vídeos.
- Participando na votación final para elexir o que máis vos gustara, o 19 de maio.

Ademais os recreos estarán amenizados tamén pola música.

Finalmente haberá un sorteo de varios agasallos entre os participantes.
Animádesvos?
Mañá comezamos.