martes, 22 de decembro de 2015

O TOPÓNIMO CAMARIÑAS

O topónimo de Camariñas deriva dun arbusto autóctono chamado "caramiña" (córema álbum) ou "herba da fame". Este arbusto, de ata un metro de altura e de moita póla, posúe cativas flores femininas de tres pétalos. As masculinas non teñen pétalo ningún. O froito da caramiña, unha drupa branca-rosada de ata 1cm e de sabor agridoce, aparece en agosto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario