luns, 15 de maio de 2017

Letras con Música (día 10)

Rematamos coa actividade de Letras con Música e queremos facelo cunha homenaxe a Carlos Casares, autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas 2017.
A pesares de que a súa obra é eminentemente narrativa tampouco esqueceu o eido da poesía. Vai ser Gelria quen lle poña música ao poema "Amemos":


Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.
Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite seña un recendo podrecido
das frores que chantamos pra salvarnos.
Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
e ás tardes fermosas que se acaban.
Amemos
inda que a espranza turre cara abaixo
a vencellarnos sempre contra nuncas
de campos sen aire e corazóns parados.

Mañá, 17 de maio, faremos o reconto dos comentarios para pasar á segunda fase da actividade: A votación que terá lugar no recreo do venres 19. Moitas grazas aos participantes!
Sabemos que quedou fóra moita música, moitos/as autores e grupos, mais agardamos que isto sirva para incentivar a vosa curiosidade e continuedes coñecendo e gozando da música en galego. Temos a esgalla! 
Tamén lembrarvos que hoxe no recreo podedes acercarvos ao photocall que temos preparado e facer un retrato, grupal ou individual, como queirades. Vai ser o noso xeito de celebras as Letras, aínda que como sabedes algo máis estamos argallando para o día 30. Grazas!

8 comentarios:

  1. Son Gisela de 1ºB. Esta canción gustoume.

    ResponderEliminar
  2. hola son Daniala de 1B E ESTA CANCIÓN fíxoseme moi lenta para un recreo, paréceme máis para relaxarnos.
    Pero ahínda así está moi bonita.

    ResponderEliminar
  3. Son juanma de 1C esta canción gustoume

    ResponderEliminar
  4. Son Lara González de 1A.A voz da muller que cantaba parecerme preciosa ademais da fermosa letra.

    ResponderEliminar
  5. espectacular, sen palabras, unha canción moi bonita.

    ResponderEliminar
  6. Son Carmen Laura de 1.B
    A canción é un pouco lenta pero é bonita.

    ResponderEliminar
  7. A voz da cantante é preciosa, a letra tampouco está nada mal!
    (Alba Villar 1ºa)

    ResponderEliminar
  8. A canción é un pouco lenta e non me gustou moito

    ResponderEliminar