domingo, 14 de maio de 2017

Letras con Música (día 9)

E xa case rematando, hoxe propomos un blues, da man de Blues do País. Recoñecédelo?A súa canción leva por título Arraianos, do último disco "Ruta 120".
 Sirva tamén como homenaxe ao país veciño e irmán, que vén de gañar Eurovisión cunha fermosa canción de Salvador Sobral, na "nosa" lingua común! Parabéns!
Agardamos que vos guste.

Letra:

Hai un lugar nesta terra que non é deste mundo. É bidemensional Haino seco e haino húmido. Din que divide ters países. Eu nunca lle vin facelo. Se aínda non sabes de que falo é que te raias demasiado. Mmmm mmm As fronteiras nunca marcaron o espírito arraiano Mmmm mmm Vinho verde e licor café e unha aperta no Xurés Que sería de nós sen o camiño que ven da montaña. Alí agardabannos irmáns ao vir a morte dende a España. E a vida veu de contrabando das mans dos pobres arraianos. A cultura de contrabando, as taberneiras de bando a bando. Mmmm mmm O mesmo che canto unha jota como un fado Gústame o polbo e tamén o bacalado Eu son da Raia Seca así que algo che teño de poeta Nós bañámonos nas termas Bronceámonos na serra Por picadeiros temos castros e as festas veñen de catro en catro Mmmm mmm As fronteiras nunca marcaron o espírito arraiano Mmmm mmm Vinho verde e licor café e unha aperta no Xurés As carqueixas do planalto tíranlle das bágoas a máis de catro que agarraron un día a maleta para ir facer as Américas. Seica a estatua da liberdade quedóuselles ben pequena comparada coa dignidade das súas fermosas cachenas. Mmmm mmm As fronteiras nunca marcaron o espírito arraiano Mmmm mmm Vinho verde e licor café e unha aperta no Xurés No Couto Misto non había Corte Inglés Dicho unha diva : estábase mellor sen el. Dixo a Moura que baixo a terra había un tesouro Baixo estas mámoas hai un peito de ouro. Mmmm mmm As fronteiras nunca marcaron o espírito arraiano Mmmm mmm Vinho verde e licor café e unha aperta no Xurés

10 comentarios:

  1. Son Gisela de 1ºB. Esta canción pareceume bonita.

    ResponderEliminar
  2. Ola son Ádam de 1ºB. A miña opinión e que a canción é bastante boa.

    ResponderEliminar
  3. Ola son Pablo de 1ºB, a canción gustoume moito

    ResponderEliminar
  4. Ola son Carmen Laura de 1.b,a canción esta bastante ben.

    ResponderEliminar
  5. Ola sin juan de 1C esta canción foi bonita

    ResponderEliminar
  6. Son Lara González de 1A.O que máis me gustou foi o titmo.En canto a letra non estivo nada mal

    ResponderEliminar
  7. Non me gustou moito esta canción , fáltalle instrumentos e mais ritmo

    ResponderEliminar
  8. HOLA SON DANIELA DE 1B E ESTA CANCIÓN PARECEUME BONITA,PERO GUSTARÍAME Q TIVERA OUTRO RITMO.

    ResponderEliminar
  9. HOLA SON DANIELA DE 1B E ESTA CANCIÓN PARECEUME BONITA,PERO GUSTARÍAME Q TIVERA OUTRO RITMO.

    ResponderEliminar
  10. Esta canción pareceume moi simpática.
    (Alba Villar 1º a)

    ResponderEliminar