martes, 2 de maio de 2017

Letras con música

Comezamos cunha canción de Xoán Curiel ( se picas no nome accederás á súa páxina, na que hai un montón de información).
A canción chámase Ecuacións e pertence ao disco co mesmo nome.



A seguir incorporamos a letra que nos envía o autor, grazas Xoán!
Seguro así poderemos gozala aínda máis se cadra.
Aí a vai:

HAI MAIS RAZÓNS PARA PARTIR
QUE PARA QUEDAR, CANDO O OUTONO VEN

AS BAGULLAS SUMIRÁN
COMO BAIXAMAR, CANDO SAIA O TREN
DESARRÍMASTE DE MIN, E EU CHANTADO NESTE ANDÉN

AS FORMIGAS DO TEU RIR
SEGUEN A BULIR, BAIXO A MIÑA PEL AÍNDA A ME POSUÍR, A ME DESEXAR, COMO SE EU FOSE MEL
ESVAECE TODA A DOR
COMO O AIRE DO TEU FOL

É TEMPO DE NAVEGAR
E DE DESATAR OS NÓS DO CORAZÓN TEMPO DE NOS DESPEDIR
E REFORMULAR CADA ECUACIÓN

AS FORMIGUIÑAS DO TEU RIR SEGUEN A BULIR, BAIXO A MIÑA PEL AÍNDA A ME POSUÍR, A ME DESEXAR, COMO SE EU FOSE MEL
E A
FUMAÇADA CANCIÓN
QUE NOS QUEDA DO QUE FOI?

É TEMPO DE NAVEGAR
E DE DESATAR OS NÓS DO CORAZÓN TEMPO DE NOS DESPEDIR
E REFORMULAR CADA ECUACIÓN 

14 comentarios:

  1. Está canción gustoume porque me transmitiu emoción.
    Juan Manuel Pérez Pérez 1ºC

    ResponderEliminar
  2. Esta canción transmitiume ternura
    Son Cristina Ageitos Castro 1.b

    ResponderEliminar
  3. A canción está ben pero é algo parada.
    Son Carmen Laura 1.b

    ResponderEliminar
  4. Daniela Antelo Pérez de 1B: A canción gústame, pero para un recreo preferiría unha máis alegre.
    Non a poiden escoitar moito, devido a que estaba en xeografía preparando o teatro.

    ResponderEliminar
  5. Son Laura de 1.B. A canción estivo ben , pero iba algo lenta.

    ResponderEliminar
  6. Son Gisela de 1°B.
    A canción pareceume bonita e relaxada.

    ResponderEliminar
  7. Son Érika 1ºB esta cancion gustoume moito

    ResponderEliminar
  8. Esta canción é moi bonita e gustoume moito e personalmente para min está canción é mellor que a de SES

    Son Lara Canosa de 1°A

    ResponderEliminar
  9. Esta canción gústame moito, xa a escoitara máis veces. É unha das miñas cancións favoritas en galego
    (Alba Villar 1ºa)

    ResponderEliminar
  10. a voz de Xoan moi bonita! , o título non acabo de entendelo

    ResponderEliminar
  11. Encántame esta canción, ata o punto de non para de escoitala... HAHAHA

    ResponderEliminar
  12. Son Lara González de 1A.Esta canción é preciosísima.Xa á escoitáramos na clase pero seguirme parecendo igual de bonita que a primeira vez que a escoitamos

    ResponderEliminar
  13. Esta cancion transmitiome moita emocion. Fran de 2°A

    ResponderEliminar
  14. Esta canción non me gustou moito

    ResponderEliminar