Sirva tamén como homenaxe ao país veciño e irmán, que vén de gañar Eurovisión cunha fermosa canción de Salvador Sobral, na "nosa" lingua común! Parabéns!
Agardamos que vos guste.
Letra:
Hai un lugar nesta terra
que non é deste mundo.
É bidemensional
Haino seco e haino húmido.
Din que divide ters países.
Eu nunca lle vin facelo.
Se aínda non sabes de que falo
é que te raias demasiado.
Mmmm mmm
As fronteiras nunca marcaron
o espírito arraiano
Mmmm mmm
Vinho verde e licor café
e unha aperta no Xurés
Que sería de nós sen o camiño
que ven da montaña.
Alí agardabannos irmáns
ao vir a morte dende a España.
E a vida veu de contrabando
das mans dos pobres arraianos.
A cultura de contrabando,
as taberneiras de bando a bando.
Mmmm mmm
O mesmo che canto unha jota como un fado
Gústame o polbo e tamén o bacalado
Eu son da Raia Seca
así que algo che teño de poeta
Nós bañámonos nas termas
Bronceámonos na serra
Por picadeiros temos castros
e as festas veñen de catro en catro
Mmmm mmm
As fronteiras nunca marcaron
o espírito arraiano
Mmmm mmm
Vinho verde e licor café
e unha aperta no Xurés
As carqueixas do planalto
tíranlle das bágoas a máis de catro
que agarraron un día a maleta
para ir facer as Américas.
Seica a estatua da liberdade
quedóuselles ben pequena
comparada coa dignidade
das súas fermosas cachenas.
Mmmm mmm
As fronteiras nunca marcaron
o espírito arraiano
Mmmm mmm
Vinho verde e licor café
e unha aperta no Xurés
No Couto Misto non había Corte Inglés
Dicho unha diva : estábase mellor sen el.
Dixo a Moura que baixo a terra había un tesouro
Baixo estas mámoas hai un peito de ouro.
Mmmm mmm
As fronteiras nunca marcaron
o espírito arraiano
Mmmm mmm
Vinho verde e licor café
e unha aperta no Xurés
Son Gisela de 1ºB. Esta canción pareceume bonita.
ResponderEliminarOla son Ádam de 1ºB. A miña opinión e que a canción é bastante boa.
ResponderEliminarOla son Pablo de 1ºB, a canción gustoume moito
ResponderEliminarOla son Carmen Laura de 1.b,a canción esta bastante ben.
ResponderEliminarOla sin juan de 1C esta canción foi bonita
ResponderEliminarSon Lara González de 1A.O que máis me gustou foi o titmo.En canto a letra non estivo nada mal
ResponderEliminarNon me gustou moito esta canción , fáltalle instrumentos e mais ritmo
ResponderEliminarHOLA SON DANIELA DE 1B E ESTA CANCIÓN PARECEUME BONITA,PERO GUSTARÍAME Q TIVERA OUTRO RITMO.
ResponderEliminarHOLA SON DANIELA DE 1B E ESTA CANCIÓN PARECEUME BONITA,PERO GUSTARÍAME Q TIVERA OUTRO RITMO.
ResponderEliminarEsta canción pareceume moi simpática.
ResponderEliminar(Alba Villar 1º a)